Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NO PROGRAMA "INFORMÁTICA DIVERTIDA" DE NADAL
O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Román Romero, recordou que os menores de 8 a 12 anos son os destinatarios deste programa municipal
Narón, 13 de decembro de 2023. As nenas e nenos empadroados en Narón de entre 8 e 12 anos que queiran participar nas sesións do programa municipal “Informática Divertida” (INDI) este Nadal dispoñen de prazo ata este venres día 15, incluído, para inscribirse. Así o recordou o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Román Romero, que explicou que se poderán anotar empregando o formulario dispoñible na Sede Electrónica de Narón. As sesións, programadas para favorecer a conciliación, impartiranse do 22 de decembro ao 5 de xaneiro –excepto o 25 de decembro e o 1 de xaneiro- na Aula Cemit de Xuvia e tamén naqueles centros cívicos sociais da zona rural que reúnan grupos interesados nesta actividade. No caso da Aula Cemit ofértanse 24 prazas en dúas quendas, doce de mañá e outras tantas de tarde, de 10:30 a 13:30 e dende as 16:00 ata as 19:00 horas, se ben na zona rural se desenvolverán con grupos de dez menores e en horario de mañá, de 10:30 a 13:30, en ambos casos de luns a venres. Programación con Minecraft e Star Wars e Frozen, deseño de tarxetas de Nadal, cómics dixitais, tarefas de mecanografía e realidade virtual forman parte dos contidos a abordar nesta convocatoria. Para obter máis información sobre o programa INDI pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1502 ou 1123). As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal