Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIA MAÑÁ UNHA CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE A POSTA EN FUNCIONAMENTO DO PROGRAMA DE RECICLAXE DE RESIDUOS ORGÁNICOS
O concelleiro de Servizos, Manuel Ramos, anunciou o inicio da campaña, mañá, nas inmediacións do novo centro de saúde
Narón, 18 de decembro de 2023. O Concello de Narón inicia mañá unha campaña informativa previa á entrada en funcionamento do programa de reciclaxe de residuos orgánicos, para a que se instalarán os colectores de cor marrón. O edil de Servizos, Manuel Ramos, avanzou que durante a xornada de mañá, de 10:30 a 13:30 e dende as 15:30 ata as 18:30 horas haberá persoal ofrecendo información á cidadanía nas inmediacións do novo centro de saúde. O Concello organiza esta campaña coa colaboración da empresa Urbaser, concesionaria do servizo de recollida de residuos sólidos urbáns e limpeza viaria no termo municipal. Ramos indicou que se trata dunha fase inicial á que sucederán novas campañas informativas e tamén outra de voluntariado para participar neste programa a modo experimental, no que se entregará un kit de benvida integrado por un colector marrón de dez litros para uso doméstico, un lote de bolsas de compostaxe para os primeiros usos e a chave do colector marrón de rúa. “Para recibir ese kit haberá que anotarse previamente a través dun código QR, que se pode obter do tríptico informativo ou das redes sociais do Concello, onde estará publicado”, indicou. Para obter máis información sobre a campaña pódese chamar ao número de teléfono 981 397 007. O edil naronés explicou que “inicialmente instalaranse algo máis de medio cento de contenedores na zona urbana da cidade, en núcleos en cuxo radio de distancia se colla a un elevado número de vivendas, zonas comerciais e de hostalería, para de este modo ter un maior potencial de posibles adherentes a este servizo”. A previsión inicial é que o vindeiro 1 de febreiro, unha vez rematen as campañas informativas e a entrega dos kits de voluntariado, se poida estar xa recollendo os residuos do colector marrón en varias rúas da zona urbana. Restos de froita e verdura, de carne e peixe, cunchas de marisco ou froitos secos, restos de pan, café, papel de cociña, tapóns de cortiza… son algúns dos residuos que se poden depositar neste novo colector. Os restos irán á planta de transferencia de Río do Pozo para trasladalos á de Cerceda, onde se convertirán en compost para empregar a modo de fertilizante natural, activando a economía circular, favorecendo a xeración de compost natural, diminuíndo as emisións de dióxido de carbono e, polo tanto, a contaminación e situando a Narón na vangarda de Galicia en materia de tratamento de residuos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal