Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ACOLLERÁ ESTE XOVES O ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO "BREIXO E O MOSTRO LUME", DE SORAYA GARCÍA
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, indicou que o acto dará comezo ás 18:00 horas na planta soto
Narón, 19 de decembro de 2023. A planta soto da Biblioteca municipal acollerá este xoves, día 21, a presentación do libro infantil “Breixo e o monstro Lume”, da veciña de Narón Soraya García Riveiros. A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, indicou que o acto dará comezo ás 18:00 horas, e está aberto ao público en xeral, ata completar a capacidade da sala. O libro diríxese a menores de entre 3 e 9 anos, está editado en galego e castelán e conta cunha edición especial conforme ao Protocolo para a intervención psicoeducativa da dislexia e/ou outras dificultades de aprendizaxe. No conto nárrase a historia protagonizada por Breixo, un paxaro valente na procura de aventuras que se ve inmerso nun misterio no monte, iniciando así unha emocionante travesía. Soraya García explorou a súa vea artística dende temprana idade, incursionando no debuxo e a pintura con diversas técnicas e estilos. O seu amor polos contos, transmitido pola súa nai no momento de ir durmir, inspirou a Soraya a emprender a súa propia viaxe na escritura. En 2021 naceron os primeiros trazos de Breixo e monstro Lume, un conto ilustrado por ela mesma. Coa colaboración de Ángel Mherlo este proxecto viu a luz o 14 de setembro de 2023. A autora do libro, afincada en Narón dende hai preto de dúas décadas, é tamén recoñecida pola súa destacada carreira como frautista e docente no Conservatorio CMUS Xan Viaño de Ferrol. Cunha traxectoria musical que abarca dende a súa formación no Conservatorio de Música de Betanzos ata a súa participación en orquestras e grupos musicais de renome, Soraya levou o seu amor pola pedagoxía a coordinar proxectos educativos de índole internacional. No acto de presentación do libro en Narón, Soraya García compartirá co público asistente detalles sobre o seu proceso de creación. Ao remate da presentación as persoas que o desexen poderán adquirir un exemplar e mesmo levalo asinado pola autora.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal