Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ENTREGOU HOXE AS CATRO CESTAS DA "CAMPAÑA DE NADAL DO COMERCIO DE NARÓN"
Marián Ferreiro estivo acompañada pola edil de Promoción Económica, Olga Ameneiro, e Susana Oreona, integrante da directiva da Asociación de Comerciantes de Narón
Narón, 21 de decembro de 2023. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, entregaron hoxe as catro cestas con produtos de Nadal sorteadas a través da “Campaña de Nadal do Comercio de Narón”. Ana Outeiral Mirón, Ana Isabel Suárez Loureda, María Luz Barros Freire e María del Mar Martínez Rodríguez foron as catro veciñas premiadas nesta convocatoria (dúas non puideron acudir hoxe), todas residentes en Narón. As papeletas premiadas nesta ocasión recolléronse nos establecementos Boken Viajes, Nuria Espasandín, Bioreona e Centro Óptico Narón. En representación da Asociación de Comerciantes de Narón participou no acto Susana Oreona, integrante da directiva e propietaria do establecemento local Bioreona. A campaña remata o vindeiro 31 de decembro e as persoas que realicen as compras nos establecementos adheridos continuarán obtendo as papeletas coas que optar aos premios que aínda quedan pendientes da entrega para a clientela: tres vales de compra, por importe de 1.000, 600 e 400 euros, respectivamente, e entradas ao parque da Warner Bros en Madrid para dúas persoas, incluíndo o aloxamento nun hotel concertado e con almorzo. A organización recollerá o vindeiro martes, día 26, as urnas dos establecementos comerciais participantes na campaña, co fin de proceder a sortear os agasallos pendientes. No caso de que os establecementos permanezan pechados nesa data é preciso avisar con antelación á organización, co fin de que poidan retirar antes a urna para que a clientela opte ao sorteo, tal e como se recordou. Ferreiro felicitou aos premiados nesta campaña e agradeceulles o feito de que aposten polo comercio local para realizar as súas compras. A alcaldesa valorou tamén a implicación da Asociación de Comerciantes de Narón nesta iniciativa e, xunto coa edil de Promoción Económica, desexoulles boas festas, que desfruten do premio e que continúen apostando polo comercio local.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal