Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS "COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA-LIBRE OFFICE" E "CONTABILIDADE E RRHH"
O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Román Romero, explicou que as inscricións deben tramitarse a través da plataforma Cemit
Narón, 2 de xaneiro de 2024. O edil de Novas Tecnoloxías, Román Romero, informou sobre a apertura, hoxe, do prazo de inscrición en dous cursos da plataforma Cemit: “Competencias dixitais en ofimática-Libre Office” e “Contabilidade e Recursos Humanos”. As persoas interesadas en asistir ás clases, que se impartirán en ambos casos do 22 de xaneiro ao 30 de abril na Aula Cemit de Xuvia, deben anotarse a través da plataforma Cemit, tal e como recordou. Na acción formativa “Competencias dixitais en ofimática-Libre Office”, en nivel avanzado, estudaranse as ferramentas ofimáticas dos diversos paquetes (Writer, Calc, Base, Impress), entre outras. O curso terá unha duración de 276 horas, que se impartirán en quenda de mañá, de 9:30 a 13:30 horas. Ofértanse un total de doce prazas e as inscricións poden tramitarse a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/44641. En canto ao curso de “Contabilidade e Recursos Humanos”, o alumnado abordará temas como a definición do posto de traballo e de perfís laborais, competencias e formación, normativa laboral, seguridade social e cotizacións, entre outros. Esta acción formativa, cunha duración tamén de 276 horas e doce prazas, impartirase en quenda de tarde, de 16:00 a 20:00 horas. Neste caso as inscricións deben realizarse no enlace: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/44644.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal