Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 200 PERSOAS PARTICIPARÁN ESTE VENRES NA COMITIVA DA CABALGATA DOS REIS MAGOS
A saída da Praza do colexio de Xuvia será ás 18:00 horas, para chegar algo antes das 20:00 á Praza de Galicia
Narón, 3 de xaneiro de 2024. Algo máis de 200 persoas participarán este venres, día 5, na comitiva da Cabalgata dos Reis Magos na súa chegada a Narón. Ás 18:00 horas sairán da praza do colexio de Xuvia para dirixirse, pola estrada de Castela, ata a Praza de Galicia, onde algo antes das 20:00 horas está prevista a recepción dos Magos de Oriente. “A luz da ilusión” é o título do espectáculo de gran formato que se desenvolverá este ano na cidade, presidido por unha gran estrela luminosa e unha chea de estreliñas. Un total de oito combos forman parte desta proposta, con dúas grandes estrelas fugaces zancudas que interactuarán co público, a Mensaxeira Real acompañada por seis altísimos faunos de xeo e varias cartas escritas aos Magos de Oriente polas nenas e nenos de Narón e un gran camelo para anunciar a chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar. Ademais, trala carroza de Melchor irá a de Gaspar, con fadas, zancudos, malabaristas… e a de Baltasar, con enormes flores de Oriente. A Maruxaina e o séquito do Capitán Nemo, o Crebanoces e os soldadiños de chumbo estarán tamén moi presentes na comitiva, que pechará o combo do turrón e o carbón. Algo máis de medio cento de nenas e nenos de Narón acompañarán aos Reis Magos nas súas carrozas e irán como paxes neste percorrido, que amenizarán a Banda de Gaitas do Padroado da Cultura e a Xove Banda de Narón, da Agrupación Cultural Musical Sementeira durante todo o tramo e onde tamén estarán integrantes da Escola de Danza de Narón. Unha vez na Praza de Galicia, a alcaldesa, Marián Ferreiro, e os voceiros dos grupos municipais da corporación local recibirán aos Reis Magos, que se dirixirán ao interior da carpa instalada na citada ubicación para falar coas nenas e nenos que se acheguen ata alí. Dende o Concello animouse á cidadanía de Narón e doutros concellos a ver a chegada dos Magos de Oriente a Narón, cunha proposta única deseñada para que a luz da ilusión ilumine as rúas e os corazóns das nenas e nenos de Narón e tamén dos non tan nenos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal