Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS PREMIADAS NA "CAMPAÑA DE NADAL DO COMERCIO DE NARÓN" REALIZARON COMPRAS POLO IMPORTE DOS SEUS VALES NOS COMERCIOS LOCAIS
A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, agradeceu a implicación do sector comercial e da cidadanía nesta campaña municipal
Narón, 4 de xaneiro de 2024. Marina Filgueiras, Mary Medín e Teresa Fernández realizaron entre a xornada de onte e hoxe pola mañá compras en varios establecementos comerciais da cidade para gastar os vales cos que resultaron premiadas na “Campaña de Nadal do comercio de Narón”. A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, saudou esta mañá a Mary Medín no Concello, antes de saír a realizar as súas compras. Na xornada de onte Marina Filgueiras acudiu pola mañá a varios establecementos locais para gastar os 400 euros obtidos na campaña, se ben pola tarde foi Teresa Fernández a que fixo o propio para adquirir diferentes produtos por un importe conxunto dos 1.000 euros do seu vale. Esta mañá foi o turno de Mary Medín, que tamén realizou as compras polo importe gañado, 600 euros. Un vehículo de cortesía Lexus RZ do Grupo Breogán, levou ás gañadoras, nalgún caso acompañadas de familiares, a realizar o percorrido polos establecementos nos que quixeron realizar os gastos. A cuarta premiada nos últimos sorteos realizados foi Silvia Rodríguez, gañadora de dúas entradas para o parque Warner Bros en réxime de aloxamento nun hotel concertado. A edil de Promoción Económica agradeceu a implicación dos comerciantes da cidade que se adheriron a esta campaña e recalcou o compromiso do goberno local de “continuar traballando conxuntamente co sector, como vimos facendo, para dinamizar as vendas nos comercios locais e, ao mesmo tempo, dar a coñecer a súa gran variedade e a calidade dos productos que ofrecen á clientela”. Así mesmo, Olga Ameneiro, destacou o gran éxito de acollida que un ano máis tivo a “Campaña de Nadal do comercio de Narón” e a gran cantidade de clientas e clientes que participaron nos diferentes sorteos, aos que tamén agradeceu a súa implicación e animou a continuar apostando polo comercio local.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal