Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA TRINTENA DE MENORES PARTICIPARON NAS SESIÓNS DO PROGRAMA "INDI NADAL"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Novas Tecnoloxías, Román Romero, visitaron hoxe aos menores que participaron nas sesións de Xuvia
Narón, 5 de xaneiro de 2024. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o edil de Novas Tecnoloxías, Román Romero, desprazáronse este mediodía á Aula Cemit de Xuvia con motivo do remate das sesión do programa “Informática Divertida”, INDI Nadal. Ferreiro recordou que se trata dunha convocatoria que ofertaba 24 prazas para a Aula Cemit, en quendas de mañá e tarde, e dez para cada local social das parroquias naronesas. “Este programa está pensado para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral e, ao mesmo tempo, para que as nenas e nenos de entre 8 e 12 anos poidan divertirse dun xeito tamén formativo, coas novas tecnoloxías”, destacou. Un total de doce menores participaron nas sesións impartidas na Aula Cemit de Xuvia, se ben na zona rural completáronse os grupos do Val -con tres rapaces de Sedes- e de Castro. Dende o pasado 22 de decembro e ata hoxe, periodo no que se desenvolveu o programa, as nenas e nenos aprenderon a programar con Minecraft e Star Wars e Frozen e tamén deseñaron tarxetas de Nadal, cómics dixitais e realizaron tarefas de mecanografía e realidade virtual. “É un programa que se iniciou hai varios anos e que convocamos no Nadal e na Semana Santa, coincidindo cos períodos das vacacións escolares e cunha finalidade lúdica e, ao mesmo tempo, didáctica”, recalcou a alcaldesa. Ferreiro e Romero interesáronse ante os participantes da Aula Cemit polo resultado desta convocatoria, co fin de coñecer a súa impresión sobre o mesmo. Así mesmo, dende o Concello valorouse o feito de ofrecer “esta oportunidade para que os menores desfruten dunha proposta de balde nestas datas de Nadal”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal