Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CAFÉ TEATRO DO PAZO ACOLLERÁ ESTE VENRES "O QUEBRANTO DA GUERRA"
Catro profesionais do xornalismo, a cultura e a fotografía contarán as súas experiencias profesionais
Narón, 6 de xaneiro de 2024. O Café Teatro do Pazo da Cultura acollerá o vindeiro venres, día 12, “O quebranto da guerra”, un diálogo dende o xornalismo e a cultura sobre os conflitos bélicos. A convocatoria dará comezo ás 20:30 horas e na mesma participarán recoñecidos profesionais do sector, como Nico Castellano, Anna Surinyach, Ebbaba Hameida e Mario Vega. A entrada é libre ata completar a capacidade do Café Teatro. O xornalista da Cadena SER Nicolás Castellano está especializado en migracións, cooperación e desenvolvemento. Foi enviado especial en catástrofes naturais, cubrindo algunhas como o terremoto de Haití de 2010 ou o tsunami de Xapón en 2011 pero tamén emerxencias humanitarias, como a epidemia do ébola en África Occidental, a hambruna de Somalia… e realizou reportaxes en máis de medio cento de países. Na súa dilatada traxectoria profesional obtivo numerosos premios. Anna Surinyach é fotógrafa documental e editora gráfica da revista especializada en información internacional 5W. Centrou o seu traballo en documentar os movementos de poboación en numerosos lugares do mundo, fotografiando a situación de persoas desprazadas en Sudán do Sur, Nixeria, Chad, Yemen, Siria… e documentando as rutas migratorias en América, África e Europa. Tamén documentou coas súas fotos a situación de mulleres que fuxen dos seus fogares debido á violencia, pobreza ou falla de oportunidades, podendo ver o seu traballo en medios nacionais e internacionais. Outra das participantes, Ebbaba Hameida é tamén xornalista, integrante da xunta directiva de Reporteros Sin Fronteras España. Vencellada actualmente a Radio Televisión Española, e tras publicar na sección de internacional de recoñecidos medios, Hameida realizou varias coberturas internacionais como a guerra de Ucraína, a hambruna en Somalia, a crise migratoria en Melilla, Ceuta… o declive da situación económica no Líbano, etc. Ao longo da súa carreira profesional obtivo tamén numerosos premios. No diálogo do venres tamén poderemos coñecer a traxectoria profesional de Mario Vega, fundador da compañía Unahoramenos Producciones, encargada de proxectos de xestión cultural, distribución e producción. Vega é tamén director de recoñecidos espectáculos, impulsor de proxectos de artes escénicas, como Segunda Lectura (2022) co que pon en escena grandes títulos da literatura universal. Mario Vega acumula numerosos recoñecementos, e co espectáculo Moria convertiuse na primeira compañía canaria en gañar un Premio Max de teatro. Esta convocatoria do diálogo destes catro profesionais precederá á representación, o vindeiro sábado 13 -20:00 horas- de “Protocolo del quebranto”, un espectáculo da compañía Unahoramenos Producciones, protagonizado por Crezk, un home que persegue territorios en guerra, que trafica con armamento e que vive atrincheirado con Nadia, unha muller moi estraña. As entradas poden adquirirse dende 8,40 euros (abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante) no despacho de billetes do Pazo da Cultura ou a través da web: www.padroadodecultura.gal.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal