Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA DESPRAZOUSE A MADRID PARA ASISTIR Á FEIRA INTERNACIONAL DE TURISMO (FITUR)
Marián Ferreiro destacou a oportunidade que representa o evento para amosar o potencial da comarca en xeral e de Narón en particular
Narón, 24 de xaneiro de 2024. A alcaldesa, Marián Ferreiro, desprazouse a Madrid co fin de visitar a Feira Internacional de Turismo (FITUR), na súa 44 edición, que se inaugura hoxe. Unhas 9.000 empresas de máis de 150 países e máis de 800 expositores amosan a súa oferta nos nove pavillóns localizados en Ifema. “Esta visita supón unha excelente oportunidade para que a nosa comarca en xeral e o noso concello en particular estean presentes a través da Mancomunidade, amosando o gran potencial da zona aos milleiros de persoas que visitarán FITUR”, destacou Ferreiro. Aos pavillóns reservados para os países de África, América, Europa, Oriente Próximo e Asia-Pacífico, súmanse os destinados ás entidades e organismos oficiais españois e tamén o destinado aos stands das empresas. A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrolterra está un ano máis presente nesta feira, cunha presentación que tivo lugar hoxe ás 17:30 horas e ofrecendo información sobre os concellos que a integran, entre eles Narón. Na xornada de hoxe e ata o venres 27 só poderán acceder a FITUR os profesionais do sector, se ben durante a fin de semana estará aberta ao público xeral en horario de mañá e tarde.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal