Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA OS ESPECTÁCULOS "MANUAL PARA ARMAR UN SUEÑO" E "EL FANTASMA DE LA ÓPERA"
As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 25 de xaneiro de 2024. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana a representación da comedia “Manual para armar un sueño”, da compañía La Zaracanda, e a peza de teatro musical “El fantasma de la ópera”. Os espectáculos terán lugar na xornada do sábado -20:00 horas- e o domingo -19:00 horas- respectivamente e as entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura. “Manual para armar un sueño”, de Tertulia Producción, é unha oda á esperanza que pretende arroxar luz nun mundo hostil. Un actor que envelleceu camerino a camerino maquilla a súa derrota íntima, as súas ilusións… e moitas outras cousas difíciles de esquecer. Aliado cos seus personaxes, o protagonista desafiará a morte e o olvido para buscar a alegría do reencontro co teatro. Así mesmo, “El fantasma de la ópera”, o máis lonxevo da historia e o segundo en número de espectadores, baséase na novela homónima de 1908 e representa un tributo cercano a todo tipo de públicos, onde a lírica se dá a man con outros estilos e onde o drama se entremistura coa comedia.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal