Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESTINARÁ 1,18 MILLÓNS A ACTUACIÓNS EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, SOCIAIS, MELLORAS VIARIAS E AMPLIACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO
Os edís de TEGA, BNG e PSOE aprobaron unha moción instando ao Sergas a reforzar o persoal do centro de saúde e en apoio ás reivindicacións da plataforma SOS Sanidade Pública
Narón, 25 de xaneiro de 2024. Na sesión plenaria desta tarde aprobouse a participación do Concello no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) “POS+2024” –coa abstención dos edís do BNG- e o “POS+2024 Adicional” da Deputación da Coruña –este último por unanimidade-. O edil de Facenda, Román Romero, explicou que no marco destes plans se realizarán investimentos na cidade por un importe conxunto de algo máis de 1.185.000 euros. A maiores de financiar gastos de limpeza viaria, dende o goberno local priorizouse con cargo ao “POS+2024” a execución de tres obras: a reforma das pistas de atletismo e a homologación das instalación deportivas do estadio de Río Seco -141.335 euros-; o acondicionamento do local social da Gándara -166.589 euros-; a reposición de pavimentos nos camiños de Salgueiral, As Cobras e outros -174.999 euros-. Así mesmo, con con cargo ao “POS+2024 Complementario” proxectouse a ampliación da rede de saneamento na parroquia de Sedes (Placente) -702.572 euros-. A maiores, saíu adiante a participación do Concello no “POS+Adicional 2024” da Deputación da Coruña para financiar gastos sociais extraordinarios por un importe conxunto de 172.965,65 euros. Con cargo a esta partida ampliarase o servizo de axuda no fogar, en atención de carácter básico e complementario. Na sesión plenaria se aprobou, coa abstención do BNG, o convenio con Sogama para a xestión, transvase, tratamento e valorización da fracción orgánica de residuos sólidos urbanos. Esta medida é un paso previo á entrada en funcionamento, este mesmo ano, do contenedor marrón, no que se depostitarán eses residuos. No apartado de mocións, aprobouse, coa abstención dos edís do PP, a presentada por TEGA, PSOE e BNG para instar ao Servizo Galego de Saúde a reforzar con carácter de urxencia o persoal do centro de saúde de Narón, tanto facultativos médicos como administrativo, e en apoio ás reivindicacións da plataforma SOS Sanidade Pública. Así mesmo, solicítase á Xunta que se convoquen novas prazas e se cubran vacantes de persoal médico, enfermería e administrativo do centro de saúde de Narón. A moción do PP para poñer Narón en valor a través dos seus camiños saíu adiante cos votos favorables dos tres grupos da oposición, PP, PSOE e BNG. Pola súa banda, o BNG presentou unha moción para reclamar “de maneira inmediata” á Xunta máis persoal e máis horas de limpeza no CPI do Feal que saíu adiante coa abstención dos edís do PP.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal