Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A LUDOTECA MUNICIPAL ACOLLERÁ O DÍA 21 DESTE MES O CONTACONTOS "KALOPSIA"
A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Olga Ameneiro, indicou que a actividade se dirixe a menores de 6 a 12 anos
Narón, 6 de marzo de 2024. A Ludoteca municipal da Solaina acollerá o vindeiro 21 de marzo un contacontos sobre o coñecemento da Unión Europea dirixido a menores de entre 6 e 12 anos. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Olga Ameneiro, indicou que se trata dunha iniciativa promovida a través de Europe Direct A Coruña, un centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña. “Coñece Europa con Kalopsia” é o título desta actividade, na que coalbora o Consistorio naronés e que dará comezo ás 17:00 horas e contará cun intérprete en lingua de signos. A sesión será unha narración/obradoiro para achegarse á UE dun xeito diferente, explicando aos menores dun xeito sinxelo e entretido o funcionamento e valores da UE. O espazo encherase de títulos pertencentes á cultura dalgúns dos 27 países da Unión Europea para achegar a súa rica tradición literaria, a través de contos e libres infantís europeos. A continuación, o público poderá escoitar a narración do libro Kalopsia. Un planeta non tan diferente: descubre Europa desde o espacio exterior, editado pola Representación da Comisión Europea en España. O conto está pensando para que os nenos e nenas coñezan a orixe da Unión Europea e entendan que a diversidade é un valor que nos enriquece. Para rematar, os cativos converteranse en protagonistas e poderán xogar a formar os seus propios países e alianzas. A narración da historia de “Kalopsia: un planeta diferente. Descubre Europa dende o espazo exterior” percorrerá diferentes concellos galegos adheridos á rede “Europa no teu Concello”. Pódese obter máis información xeral a través da páxina desta actividade: https://www.dacoruna.gal/europedirect/europe-direct-coruna/agenda/2024/conoce-europa-con-kalopsia-cuentacuentos/.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal