Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAVILLÓN DA MOCIDADE ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A "III FEIRA DE ANTIGÜIDADES, COLECCIONISMO E VINTAGE"
A edil de Feiras, Mar Gómez, recordou que a feira se poderá visitar, con entrada de balde, en horario de mañá e tarde durante as dúas xornadas
Narón, 7 de marzo de 2024. O Concello de Narón e a Asociación Ferro Vello organizan a terceira edición da “Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage” que se celebrará esta fin de semana, o sábado e o domingo, no pavillón da Mocidade, na Gándara. A concelleira responsable da área de Feiras e Mercados, Mar Gómez, recordou que participarán na convocatoria unha trintena de postos, que exporán e venderán a súa mercancía en horario de mañá e tarde, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00. A entrada é de balde. Moedas antigas, mobles, libros, discos, apeiros de labranza, artículos de decoración… forman parte dos obxectos que se poderán adquirir nos diferentes postos. Anticuarios e afecionados procedentes de diferentes concellos galegos e tamén doutras comunidades como Asturias, Castela León, País Vasco e Portugal participarán na convocatoria. Gómez animou á veciñanza a asistir a este evento, que nas súas dúas anteriores edicións tivo unha excelente acollida. “Foron moitas as persoas que se achegaron a ver e mercar os produtos que alí se vendían e tamén nos consta que os responsables dos postos de venda estiveron satisfeitos coa acollida que tiveron, polo que confiamos en que novamente sexa todo un éxito”, asegurou.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal