Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHAS 250 PERSOAS ACUDIRÁN ESTE SÁBADO Á COMIDA PARA RECADAR FONDOS PARA O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN
A edil de Benestar Social, María Lorenzo, animou ás persoas que poidan colaborar a acudir a esta cita, para axudar ás familias vulnerables da cidade
Narón, 26 de marzo de 2024. Unhas 250 persoas acudirán este sábado á comida organizada para recaudar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón programada no pavillón Campo da Serra. O Concello colabora neste evento, organizado coa Selección Española de Carniceiros, representada polo seleccionador nacional Bruno Casal, e Cedecarne, tal e como recordou a edil de Benestar Social, María Lorenzo. A concelleira naronesa explicou que xa se venderon case 200 tickets e que o propio sábado, día do evento, se porán á venda os últimos 50 para aquelas persoas que non puideron adquirilos nos establecementos colaboradores. Poderanse comprar, a un prezo de 22 euros para o menú de adultos e 10 para as nenas e nenos –bebidas a parte-, a base de elaboracións con carnes variadas, a partir das 11:00 e ata as 11:30 horas no propio pavillón de Campo da Serra. O evento dará comezo ás 12:00 horas, momento no que se abrirá o recinto ao público, e a comida será ás 15:00 horas. A Carnicería Bruno e Ternera Gallega, entre outras empresas, colaboran nesta iniciativa, pioneira en España, segundo a organización, cun posto de oito metros de lonxitude para amosar diferentes variedades de carne. A maiores, haberá actividades infantís de 12:30 a 14:30 e tamén pola tarde, de 16:00 a 18:00 horas, así como un monologuista dinamizando a convocatoria. A cita estará amenizada pola orquestra Panamá. A edil naronesa animou á cidadanía que poida colaborar a acudir a este evento “para poder axudar ao Centro de Recursos Solidarios de Narón, que atende a numerosas familias vulnerables da nosa cidade”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal