O MERCADO DE PRIMAVERA OFRECERÁ ESTA FIN DE SEMANA ARTESANÍA, MODA, GASTRONOMÍA E MÚSICA NO PARQUE FLUVIAL DO RÍO FREIXEIRO
O evento desenvolverase do 15 ao 17 de xuño e reunirá na zona unha docena de postos de venda de diferentes produtos e dez food trucks, tal e como recordou a concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez