Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENSO PARA AS ELECCIÓNS AO PARLAMENTO EUROPEO PODERÁ CONSULTARSE NO CONCELLO A PARTIR DO VINDEIRO LUNS
O prazo de exposición pública rematará o día 29 deste mes, tal e como recordou a edil de Estatística, Mar Gómez
Narón, 19 de abril de 2024. O censo electoral de Narón para as vindeiras eleccións ao Parlamento Europeo convocadas para o vindeiro 9 de xuño permanecerá a exposición pública no Concello dende o vindeiro luns día 22 ata o 29 deste mes (ambos inclusive), tal e como indicou a concelleira de Estatística, Mar Gómez. A consulta pode realizarse na oficina de Atención ao cidadán do Concello –na planta baixa, en horario de 8.30 a 13.30-, na Sede Electrónica do Instituto Nacional de Estadística e na delegación provincial do INE, na Coruña (rúa Adelaida Muro, 12). Durante o periodo indicado poderán consultar os seus datos censais e, no caso de que non sean correctos, presentar reclamacións. Así mesmo, habilitouse un teléfono de contacto do INE: 900 343 232 (de balde), podendo chamar de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas e tamén o número de fax: 981 206 235.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal