Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ACOLLERÁ ESTE VENRES A PRESENTACIÓN DE "POESÍA PARA EL CAMINO", DE GABRIELA BERINI
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, informou que a convocatoria dará comezo ás 18:30 horas
Narón, 20 de marzo de 2024. A veciña de Narón Gabriela Berini presentará este venres, día 22, na planta soto da Biblioteca municipal o seu primeiro poemario, Poesía para el camino. Así o avanzou a concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, que explicou que a convocatoria será ás 18:30 horas. No acto estará tamén presente Blanca Rodríguez, tradutora literaria, autora de literatura infantil e de xénero fantástico e coordinadora dos clubes de lectura da Biblioteca de Narón. O libro de Gabriela Berini publicouno o pasado ano a Editorial Talón de Aquiles e descríbese como “a folla de ruta dun traxecto que aínda non rematou, intentando atopar nas palabras un compás que dera sentido aos camiños da vida, que non son o que se espera deles, senón o que cada quen precisa”. A súa autora é tradutora e correctora de textos e tamén incursionista na escrita de relatos, novelas de ficción e poesía. Decidiuse a publicar algunhas das súas poesías máis persoais, que ela mesma define como “froito da catarse” do seu proceso de terapia psicolóxica. O acto está aberto á participación da cidadanía en xeral, ata completar o aforo dispoñible da sala. As persoas que acudan poderán adquirir exemplares da obra ao rematar o acto.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal