Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS "DESEÑO WEB E TENDA ONLINE" E "REDES SOCIAIS E CHAT GPT"
As persoas interesadas en asistir deben anotarse a través da plataforma Cemit, tal e como indicou o edil de Novas Tecnoloxías, Román Romero
Narón, 3 de abril de 2024. A plataforma Cemit mantén aberto o prazo de inscrición en dous novos cursos, un sobre “Deseño web e tenda online” e outro de “Redes sociais e ChatGPT”, de 160 horas cada un. Así o indicou o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Román Romero, que explicou que estas dúas accións formativas comezarán o vindeiro 2 de maio na Aula Cemit de Xuvia e rematarán o 28 de xuño. A acción formativa de “Deseño web e tenda online” impartirase en quenda de tarde, de 16:00 a 20:00 horas e abordaranse contidos como: os xestores de contido como ferramentas para adquirir presencia na rede; introdución e manexo de google sites; facer unha páxina web con Wix; creación e xestión dunha tenda virtual. As inscricións poden realizarse a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45494. No caso do curso sobre “Xestión de redes sociais con Canva e ChatGPT”, os módulos serán sobre: conceptos básicos da xestión de redes sociais; creación de contido social; abreviacións de enlaces; principiantes en redes sociais; comunicación social e xestión de redes sociais. Neste caso, as inscricións poden realizarse no enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45493. En ambos casos as persoas interesadas poderán anotarse de balde, estando limitada a asistencia a cada curso a un máximo de 12 persoas.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal