Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PROGRAMA DÚAS SESIÓNS PARA FAMILIAS DE ESCOLARES DA CIDADE SOBRE A PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS
A concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, informou que se ofrecerá servizo de conciliación de balde mentres duren as sesións
Narón, 4 de abril de 2024. O Concello de Narón continúa programando actividades encamiñadas a ofrecer ás familias as ferramentas necesarias para evitar condutas adictivas relacionadas co uso das novas tecnoloxías. Con esa finalidade, tal e como indicou a concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, convócase ás familias de menores escolarizados na cidade a dúas sesións, de balde, e para as que tamén se ofrece servizo de conciliación mentres se desenvolven. A primeira das convocatorias será o vindeiro martes, 9 de abril, no salón de actos do CEIP A Gándara, onde a partir das 17:00 horas se abordará o tema “Menores e pantallas. Principais riscos e orientacións para as familias”. A continuación, o martes 23 deste mes, ás 16:30 horas, levarase a cabo a segunda sesión, sobre “As adiccións nas pantallas: dos videoxogos ás apostas”, no salón de actos do IES As Telleiras. As persoas que precisen o servizo de conciliación habilitado para facilitar a súa asistencia a estas convocatorias poden solicitalo a través dos números de teléfono 613 196 841 ou 639 099 457. A concelleira de Ensino incidiu en que estes espazos teñen entre os seus obxectivos “ser un espazo de reflexión e orientación sobre o uso problemático da tecnoloxía, unha situación que, segundo os datos que manexamos, afecta a moitas rapazas e rapaces”. A edil naronesa incidiu na importancia de que as familias poidan detectar a tempo as condutas aditivas e, na medida do posible, poidan evitar a súa aparición con medidas preventivas”.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal