Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O RECINTO FEIRAL DO TRECE ACOLLERÁ A VINDEIRA FIN DE SEMANA A "XIII FEIRA MULTISECTORIAL AGRÍCOLA"
A edil de Feiras e Mercados, Mar Gómez, informou que os postos da feira abrirán en horario de mañá e tarde os días 13 e 14, con entrada de balde
Narón, 5 de abril de 2024. O Concello de Narón organizou unha nova edición, a décimo terceira, da Feira multisectorial agrícola, que se celebrará os días 13 e 14 deste mes no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes. Así o avanzou hoxe a concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, que explicou que estará aberta en horario de mañá e tarde e o acceso será de balde. As persoas que se acheguen poderán ver os espazos expositivos que se instalarán na nave e tamén na zona exterior, nos que se venderán produtos da horta, de xardinería, alimentación, maquinaria…haberá tamén unha carpa que venderá racións de polbo e churrasco ás persoas que queiran comer no recinto ese mesmo día. Os postos permanecerán abertos dende as 11:00 ata as 14:00 e pola tarde de 16:00 a 20:00 horas. O sábado ao mediodía haberá unha degustación de produtos da terra e o domingo unha sesión vermú para amenizar o evento ao mediodía. Ademais, sortearanse cada día seis lotes con produtos da terra. A edil naronesa explicou que, a maiores, programáronse unha serie de obradoiros infantís para as dúas xornadas, de balde, no que poderán participar as nenas e nenos que se acheguen ao evento. Un dos obradoiros será de plantación, no que aprenderán os coidados básicos das plantas e como sementalas, levando unha como agasallo ao remate do mesmo. Poderán participar un máximo de vinte nenas e nenos nas quendas que se sucederán pola mañá, dende as 12:00 ata as 14:00 e pola tarde, de 17:00 a 19:00. Así mesmo, tamén os dous días haberá un obradoiro de construción e exhibición de cometas, para aprender a personalizalas e levalas tamén como agasallo. Poderán participar entre vinte e trinta menores por quenda e será en horario de tarde, de 16:00 a 19:00 horas.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal