Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A DESEMBOCADURA DO RÍO XUVIA E A ENSEADA DA GÁNDARA ACOLLERÁN O VINDEIRO MARTES SIMULACROS DE EMERXENCIAS ANTE POSIBLES CATÁSTROFES
O concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, recordou que a UDC e a Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias organizan a convocatoria no marco do proxecto Covalex
Narón, 5 de abril de 2024. O edil de Seguridade Cidadá, José Oreona, informou que o vindeiro martes, día 9, se levarán a cabo simulacros de actuación ante posibles catástrofes, no límite entre os concellos de Narón e Neda. Coordinados pola Axencia Galega de Emerxencias – 112, efectivos de ambos Concellos, 061, de Cruz Vermella, GES, e Salvamento Marítimo participarán nesta acción, orientada a analizar e mellorar a capacidade de resposta ante situacións de emerxencia. A Universidade da Coruña e a Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias organizan a convocatoria no marco do proxecto Covalex. Este exercicio, no que participarán como observadores delegacións de Italia, Austria, Grecia… levarase a cabo en horario de mañá, entre as 9:00 e as 13:00 horas e durante o transcurso do mesmo haberá tres escenarios de actuación con dúas localizacións diferentes. Entre as 9:00 e as 9:30 horas o incidente consistirá nunha rotura parcial da parede da Presa do Rei a causa do arrastre de residuos, principalmente árbores, xerando unha saída incontrolada de auga acumulada e unha repentina crecida do río augas abaixo. O segundo escenario, de 9:30 a 11:00 horas, será unha rotura parcial do paramento, xerando tamén unha saída incontrolada da auga acumulada, xerando unha crecida repentina do río augas abaixo e no que persoal dos equipos informará da existencia de persoas no cauce fluvial. E, por último, simularanse de 11:30 a 13:30 horas as accións a levar a cabo ante unha suposta caída dun autobús escolar á ría cun número de ocupantes indefinido e que por razóns operativas se levará a cabo na enseada da Gándara, requerindo rescate en auga de conductor e ocupantes. A simulación enmárcase no proxecto europeo Covalex, que lidera a Cátedra de Protección Civil e xestión de Emerxencias do Campus de Ferrol, orientado a establecer unha comunidade de expertos coa presenza de universidades, axnetes de emerxecias, de protección civil e empresas de distintos países europeos. A finalidade é abordar o impacto dos desastre hidrometeorolóxicos e aqueles derivados de factores multirrisco, creando sistemas de protección civil máis sólidos. As actuacións que se levarán a cabo serán simuladas e non se realizarán cortes de tránsito salvo en momentos puntuais como pode ser o acceso da ambulancia. Nalgún caso pode haber controis de tráfico nas estradas perimetrais para o desenvolvemento do simulacro e tamén poderá haber no exercicio da Gándara limitacións do estacionamento na zona afectada. Dende os concellos participantes sublbiñan a importancia desta iniciativa, de cara a mellorar a resposta das forzas e corpos de seguridade ante episodios dramáticos, consecuencia de posibles catástrofes naturais.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal