Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE MULTIDISCIPLINAR "DEBATEMOS?"
A edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro, informou que é unha proposta dirixida a menores a partir de 5 anos
Narón, 8 de abril de 2024. A Biblioteca municipal abrirá mañá martes o prazo de inscrición na actividade Debatemos?, unha proposta multidisciplinar para nenas e nenos a partir de 5 anos que se levará a cabo este sábado, día 13, ás 11:00 horas nas citadas instalacións municipais. A concelleira responsable desta área, Olga Ameneiro, recordou que as reservas se poden realizar de xeito presencial na Biblioteca ou chamando por teléfono ao número 981 382 173. Durante a actividade leranse varios contos seleccionados e motivarase aos menores á reflexión a través dun debate por equipos. A actividade representará unha oportunidade única para estimular o pensamento crítico e a imaxinación entre os nenos e nenas mentres se divirten e aprenden. A filosofía e o debate filosófico poden desenvolver diversas habilidades nos máis pequenos, como o sentido crítico, a creatividade, a concentración, a escoita ou a comunicación. A edil naronesa explicou que co obxectivo de promover e potenciar esas capacidades se desenvolverá esta actividade multidisciplinar, á que animou a inscribirse ás nenas e nenos da cidade.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal