Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O VINDEIRO VENRES 2 DE DECEMBRO ACENDERASE NA CIDADE O ALUMEADO DE NADAL QUE ORNAMENTARÁ AS RÚAS, PRAZAS E EDIFICIOS DO TERMO MUNICIPAL
A alcaldesa encargarase de premer o botón que acenderá as luces da árbore natural de 25 metros de altura, ubicada fronte a Residencia San José de Piñeiros, acendendo ó mesmo tempo o resto da iluminación
Narón, 25 de novembro de 2022. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, e o presidente da Asociación de Veciños de Piñeiros, José Francisco Pita, xunto con José Luis Teijeiro e Santiago Otero, membros da directiva da entidade veciñal, presentaron esta mañá no Concello o tradicional acto de acendido do alumeado de Nadal, que terá lugar o vindeiro venres, día 2 de decembro, ás 19.30 horas. O acto oficial do acendido terá lugar nos xardíns da Residencia San José, na parroquia de Piñeiros, donde un ano máis representantes do Concello, coa alcaldesa, Marián Ferreiro, á fronte, participarán xunto con persoal da citada residencia e da AVV Piñeiros, que colaboran na organización do mesmo. A alcaldesa, Marián Ferreiro, encargarase de premer o botón que acenderá as luces dunha árbore natural de 25 metros de altura ubicada fronte ao citado edificio e que tamén acenderá o resto do alumeado. Tralo acendido actuarán o Coro Peque Solidarium e o Coro da Capo, que forman parte do Programa municipal de recursos educativos de apoio á escola, PROMEDEX. As persoas asistentes recibirán a visita dun Papá Noel que se achegará en sidecar acompañado de elfas e elfos. Tamén terá lugar unha degustación de castañas asadas, tal como indicaron desde a AVV de Piñeiros Natalia Hermida agradeceu a xenerosidade da congregación da Residencia de Piñeiros na que se realizará o acto por ceder o espazo e tamén a colaboración brindada pola entidade veciñal. Pola súa banda, Pita agradeceu a implicación do Concello e da Residencia San José, e recordou que a entidade leva dezasete anos organizando esta cita que conta coa colaboración do Consistorio. Preto de trescentas pezas, arcos, rótulos, árbores simulados, motivos 3D en varias alturas e decoracións varias ornamentarán en distintas ubicacións diversas rúas da zona urbana e rural da cidade, prazas, farolas, glorietas e o propio edificio da Casa Consistorial ata o día 7 de xaneiro. Na Praza da Gándara permanecerá instalado un elemento 3D rótulo Photocall e elemento interior visitable en led RGB, e na Praza do Colexio Ponte de Xuvia instalarase un teito de luz formado por 15 guirnaldas microled de 56 metros de lonxitude. O alumeado estará acendido todos os días a partir das 18.00 horas e apagarase ás 00.00 horas, excepto nas noites do 24, 25 e 31 de decembro e 1,5 e 6 de xaneiro, que permanecerá acendido ata o amencer. Estas festas o horario de acendido reducirase unha hora con respecto a anos anteriores e o subministro de enerxía eléctrica para a iluminación de Nadal será de orixe cen por cen renovable, instalándose un total de máis de 880.000 leds. Dende o Concello e a AVV Piñeiros convidouse ás veciñas e veciños a asistir o venres ao acto de acendido do alumeado de Nadal.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal