Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Heráldica
Escudo de Narón
Escudo de Narón
Bandera de Narón
Bandera de Narón

O Escudo Heráldico Municipal do Concello de Narón foi aprobado por Decreto da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia de 23 de febreiro de 1984, que dispón no seu artigo único: Apróbase o Escudo Heráldico Municipal do Concello de Narón, da provincia da Coruña, que quedará organizado do seguinte xeito:

Escudo medio partido e cortado.

1º, de ouro, cinco trabas de azur.
2º, de azur, dúas chaves de ouro ligadas e entretidas cos seus aneis en forma de rombos pometeados.
3º, de azur, dos espigas de oro y sobre ellas una áncora de plata. Al timbre corona real cerrada.

As espigas de trigo recordan a antiga economía do Concello de Narón, baseada principalmente na produción de cereais e o traballo da terra. A áncora é símbolo da vida mariñeira deste municipio, que se estende desde o Océano Atlántico ata o fondal da ría de Ferrol.

No xefe do escudo, as trabas son as armas falantes da antiga e poderosa casa de Traba. Os seus Condes fundaron e protexeron o mosteiro de San Martiño de Xuvia. Pola súa banda, as dúas chaves son o símbolo heráldico do mosteiro de Cluny, xefe da Orde de San Bieito, do que dependeu como priorado o mosteiro, desde o ano 1121 ata o ano 1518. Aos monxes deste mosteiro debemos a valorización e o cultivo de moitas terras do actual Concello de Narón.


<<< Setembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
www.naron.es