Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Historia

4º ALTA IDADE MEDIA

El habitat en castros, dejaría paso a nuevas formas de ocupación en la Tierra de Trasancos, poco a poco coincidiendo con la invasión sueva, conforman dentro de la villa o aldea altomedieval un mosaico de claros en medio de las fragas y de campesinos de cara ciscada que ganan espacio al bosque mediante rozas, el "lugar", locus o la "aldea" vicus habitada polos vicani (= Os Vicás ).

Coa reforma de San Martiño de Dumio, as efémeras dioceses (priscilianistas) desaparecen de Galicia. A Terra de Trasancos como arciprestado rural, adscríbese agora a unha sede episcopal, tradicionalmente coñecida como Vallibriense ou Mindoniense, á que, entre outros pertencen os arciprestados de Trasancos, de Labacengos e de Arrós. Mondoñedo será herdeira da vella sede de Maeloc, bispo dos britóns, que fuxindo das invasións anglosaxonas ocuparan unha franxa costeira dende Trasancos a Ribadeo chamada Britonia.

O Mosteiro de S. Martiño de Xuvia (olim de sempre sacrato) Considerábase de antiquísima orixe xa no século X, descoñecéndose a data da súa fundación como sabemos por un diploma do ano 977 que inaugura en Trasancos a espléndida colección diplomática na entón abadía, logo priorado de Cunegoo (Cluny). A esta fonte documental do mosteiro de Xuvia, a máis completa dun mosteiro cluniacense de España, temos que engadir a de outro mosteiro a partir de 1.111 (data da fundación por D. Munia Froilaz, irmá do Conde de Galicia D. Pedro Froilaz, monxa xunto á súa irmá Visclávara en Xuvia) baixo a advocación de S. Salvador: O Mosteiro de Pedroso.

No ano 844, un nobre chamado D. Arximiro, ordenado duque polo príncipe Ramiro, loitará na compaña de - xa feito rei como Ramiro II-este contra unha gran expedición viquinga de ocupación que con base na Terra de Faro (proximidades da Coruña) devastaba as Rías Altas. Os duques e condes de Ramiro incendiaron gran cantidade de naves aos invasores que na súa precipitada fuga foron decimados por unha tempestad, aínda tivieron forza para saquear Lisboa e Sevilla, feito que destaca a magnitude da única invasión que afectou á Terra de Trasancos, aínda que Galicia sufriría varias oleadas de piratas vikingos máis.

Volver


<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal