Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE E OS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS TRANSMITEN O SEU APOIO ÓS TRABALLADORES DE TRANSPORTES RAMOS
A compañía, con sede no polígono de As Lagoas, presentou concurso voluntario de acreedores.
Narón, 27 de Febreiro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e os representantes dos grupos políticos municipais, Guillermo Sánchez Fojo (TEGA), Manuel Pigueiras (PP), Catalina García (PSOE), Pablo Villamar (BNG) e María Rodríguez Porto (Converxencia Galega) reuníronse hoxe cunha representación dos traballadores da empresa Transportes Ramos. Esta compañía, con sede no polígono de As Lagoas e cunha prantilla de 35 empregados, presentou recentemente concurso voluntario de acreedores, sen ter resolta a data de hoxe a situación mercantil. Os traballadores levan dende o mes de decembro de 2012 sen percibir a nómina e a compañía os mantén nunha situación de “permiso retribuído”, que na práctica non é tal posto que non cobran nin teñen traballo, pero tampouco poden percibir a prestación por desemprego ó non estar no paro. Por este motivo, dende o Concello de Narón se ofreceu ós traballadores o apoio institucional e os medios que sexan precisos, para poder atopar unha solución que permita ós empregados percibir as súas retribucións. Segundo explicou o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco “dende o Concello enviarase unha declaración institucional ó administrador concursal da empresa, para que axilice o máis rápido posible os trámites, permitindo así que os traballadores poidan polo menos anotarse no INEM e recibir a prestación por desemprego”.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es