Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE RECIBE Á NOVA DIRECTIVA DA SOCIEDADE CULTURAL E RECREATIVA 'A POMBIÑA' DE PEDROSO
Está formada íntegramente por mulleres.
Narón,6 de Marzo de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibíu onte á nova directiva da Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña” de Pedroso, recentemente constituída e formada por primeira vez integramente por mulleres. Nesta audiencia tamén participou o Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo. As novas integrantes son: Ana Belén García Torrente (presidenta), Mª Elena Gil García (vicepresidenta) e Montserrat Duro Piñón (secretaria). Segundo explicaron ó rexedor municipal, a intención desta nova directiva e continuar co programa de actividades, festas e cultura que se leva a cabo nesta asociación, que ten máis de 40 anos de antigüedade e da que forman parte na actualidade máis de 410 socios/as. O Concello de Narón mantén unha estreita colaboración coa SCR “A Pombiña” a través da Mostra de Teatro Aficionado que promove o Padroado de Cultura nesta parroquia, a través da cal se representa unha obra cada fin de semana durante un mes do ano.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es