Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN ACOLLERÁ O II CONGRESO GALAICO-ASTUR DE AUTOCARAVANISMO
Se celebrará en outubro no Pazo da Cultura, cunha serie de conferencias relacionadas coa sostenibilidade, o turismo e o medioambiente
Narón, 6 de Maio de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, o Concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, e a Concelleira de Turismo, María Rodríguez Porto, mantiveron hoxe unha reunión de traballo coa directiva da Asociación Galega de Autocaravanas. Asistiron o seu presidente, Jorge Ferreiro, e o secretario da asociación, Francisco Pena. O obxecto desta primeira xuntanza foi a preparación do 2º Congreso Galaico-Astur de Autocaravanismo, que se celebrará no Pazo da Cultura de Narón no mes de outubro, organizado pola Asociación Galega de Autocaravanas. O programa deste congreso consistirá nunha serie de conferencias sobre sostenibilidade, turismo e medioambiente en relación co mundo das autocaravanas. Cabe destacar que o municipio de Narón é un dos poucos de Galicia (existen catro en total) que dispón de dúas áreas de servizo para autocaravanas: unha no polígono de Río do Pozo –xunto ás instalacións de Protección Civil- e outra na área recreativa de Pedroso.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es