Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE REÚNESE COA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE FERROLTERRA PARA ANALIZAR UNHA PROPOSTA DE MEDIDAS NO SECTOR DA CONSTRUCIÓN
Narón, 7 de Maio de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, mantivo unha reunión de traballo coa directiva da Asociación de Empresarios de Ferrolterra (AEF), na que esta entidade lle presentou unha Proposta de Medidas para combatir o intrusismo no sector da construción e actividades afíns. Esta xuntanza é a primeira dunha rolda de contactos que manterá AEF cos concellos da bisbarra, co mesmo obxectivo. O Concello de Narón, a través dos seus servizos xurídicos, estudiará as demandas formuladas por AEF de cara á súa aplicación. Nesta reunión, analizouse a problemática do sector e formuláronse unha serie de propostas por parte da Asociación de Empresarios de Ferrolterra, tales coma: -A intensificación da vixianza, control e seguimento das obras que se executan, algo que dende o Concello de Narón xa se está a realizar. -Identificar na solicitude de licenza a empresa que executa a obra: estudiarase xuridicamente se isto é factible de realizar por parte da administración municipal. -Control de resíduos e de vertedeiros: o Concello estudiará xuridicamente a posibilidade de realizar estas xestións, conforme á legalidade vixente. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, amosou o seu apoio a estas demandas, argumentando que no sector da construción “ten que haber un control dos resíduos, e resulta necesaria unha lexislación laboral ademáis da prevención dos riscos laborais”. Por iso, dende o Concello de Narón estudiarase a posibilidade de que os promotores reciban este tipo de información no momento de presentar a solicitude de licenza municipal. Ademáis, dende AEF reclámase ós concellos a redución dos prazos para obtener licenzas de obras menores, algo que en Narón xa tense acadado posto que concédense nun prazo de tempo non superior ós 15 días –agás as que necesiten permisos complementarios doutras administracións-. Por último, dende AEF solicitouse que se priorice, na medida do posible, a contratación de obras e servizos con empresas locais. Sobre esta cuestión, o Alcalde de Narón explicou que hai que axustarse á lei e ós concursos reglados. A Asociación de Empresarios de Ferrolterra conta na actualidade con 230 empresas de tódolos sectores, que á súa vez engloban a un total de 3.000 traballadores nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es