Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CELEBRACIÓN DA 16ª EDICIÓN DA FESTA DOS MAIOS DE NARÓN
Terá lugar na tarde do sábado, no Pavillón Municipal de Piñeiros.
Narón, 9 de Maio de 2013.- O Padroado de Cultura do Concello de Narón e a Sociedade Cultural ‘Areosa’ de Piñeiros veñen de organizar unha nova edición da Festa dos Maios de Narón, que terá lugar na tarde do sábado día 11 de maio neste barrio. As actividades darán comezo ás 17:00 horas coa concentración dos Maios elaborados no adro da Igrexa de Piñeiros. Dende alí partirá a Comitiva dos Maios ata o Pavillón Municipal de Piñeiros onde está prevista a chegada ás 17:40 horas cunha recepción previa ás actividades. O programa de actos iniciarase ás 18:00 horas, e estará formado polos seguintes actos: -Actuación dos grupos de baile e gaita do Padroado de Cultura. -Realización do tradicional Mosaico Floral. -Mostra dos Maios escolares (elaborados por alumnos/as de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria dos centros escolares de Narón). Esta mostra dos maios tamén poderá ser visitada o domingo 12 de maio, en horario de 11:00 a 20:00 horas, no Pavillón Polideportivo de Piñeiros. A exposición estará formada por 34 maios, en cuxa elaboración participaron de 960 nenos/as dos seguintes centros escolares: Ayala, Ponte de Xuvia, Colexio Santiago Apóstol, C.R.A Castro, Domirón, Sedes, Pedroso e O Val, e Escolas Infantis Municipais de A Solaina, Piñeiros e A Gándara.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal