Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ACOLLE UNHA CAMPAÑA FOTOGRÁFICA A FAVOR DA LINGUA GALEGA
Está instalado un photocall para que a xente se fotografíe con lemas expresando o apoio ó Galego.
Narón,13 de Maio de 2013.- O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón –dependente da Concellería de Educación de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada- promove a campaña “Gústame o galego”, que foi ideada e promovida pola CTNL (Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua) co obxectivo de visibilizar o apoio individual de persoas ao proceso de normalización lingüística. A campaña consiste nun photocall que téñese instalado no exterior da Biblioteca Municipal de Narón durante o día de hoxe, luns 13 de maio (en horario de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas) no que as persoas que o desexen poden mostrar o seu apoio á lingua galega, fotografiándose con frases suxestivas sobre o uso do galego en diversos ámbitos e situacións. Estas fotografías serán colgadas no facebook de ‘Gústame o galego’ ó que se pode acceder tamén a través do enderezo web www.gustame.gl Esta acción de dinamización lingüística forma parte do programa de actividades realizadas polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, que tamén teñen lugar neste mes de maio.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal