Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DA 6ª MARCHA CICLISTA ESCOLAR DO CONCELLO DE NARÓN
Celébrase o mércores 15 de maio, cunha ruta ó longo da Estrada de Castela ata chegar ó paseo marítimo de Xuvia. Agárdase a participación de 2.500 escolares.
Narón, 14 de Maio de 2013.- O Concelleiro de Seguridade Cidadá de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e os responsables de Educación Viaria do Concello (Pedro Caneiro e Simón Cabarcos) presentaron hoxe en rolda de prensa a 6ª Marcha Ciclista Escolar, que se desenvolverá mañá a partires das 10:00 horas, con saída de A Gándara (á altura do hipermercado Alcampo). Está prevista a participación aproximada de 2.500 escolares de 3º a 6º de Educación Primaria, dos seguintes colexios de Narón: CEIP A Solaina, CEIP Virxe do Mar, Colexio Santiago Apóstol, CPI O Feal, CEIP A Gándara, CEIP Piñeiros, Colexio Jorge Juan, CEIP Ponte de Xuvia, Colexio Ayala. Tamén participará o CEIP Maciñeira (de Neda) e este ano por vez primeira un grupo de 15 usuarios da Asociación Nuestra Señora de Chamorro –que realizarán a marcha dende a estrada de O Feal-. O pelotón circulará, ó igual que en anos anteriores, pola Estrada de Castela, contando coa axuda das ANPAS dos colexios, da Policía Local e de Protección Civil de Narón, o Motoclub Fojeteiros e clubes ciclistas da comarca. Estarán coordinados polo equipo de Educación Viaria do Concello, que organiza esta actividade como unha festa de fin de curso, coa que dan por finalizado o programa de Educación Vial que imparten nos centros educativos de Narón. A marcha rematará no paseo marítimo de Xuvia, onde haberá sorpresas para os participantes. Tamén recibirán un bocadillo e unha bebida, a modo de avituallamento. O equipo de Educación Vial lembra a obrigatoriedade de levar casco na marcha ciclista, que en caso de choiva intensa se suspenderá e intentará realizarse noutra data. O Concelleiro de Seguridade Vial de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, agradeceu públicamente o traballo que esta a facer o equipo de Educación Vial nos centros de ensino de Narón, concienciando ós estudantes sobre a necesidade de coñecer e cumprir as normas de seguridade vial. Pero tamén tivo unhas palabras de agradecemento ós voluntarios que mañá participarán na Marcha Ciclista Escolar, e que son máis de 200 pais e nais. “Sen o seu traballo, sería imposible organizar un evento destas características” indicou o edil.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es