Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DE CULTURA E A AVV 'CEIBE' DE SAN XIAO CONVOCAN O V CONCURSO DE PINTURA "CIDADE DE NARÓN"
Narón, 4 de Xuño de 2013.- O Padroado de Cultura de Narón e a Asociación de Veciños ‘Ceibe’ de San Xiao convocan o V Concurso de Pintura “Cidade de Narón”, dirixido á veciñanza de Narón e municipios da bisbarra. As normas que rexirán este concurso son as seguintes: • Haberá unha categoría: Adultos (a partir dos 17 anos). • A categoría Infatil (ata 16 anos ) será certame fora de concurso. • A obra será orixinal, podéndose presentar una obra por autor. • Non se poderán presentar obras premiadas noutros certames. • A temática será libre. • A técnica e estilo serán libres. • Formato: o Os cadros deberán estar enmarcados ou protexidos con listón e acondicionados para a súa exposición. o As medidas do lenzo serán dun máximo de 80 x80 cm. • As obras presentaránse sen sinatura, acompañadas dun sobre pechado onde constarán os seguintes datos: o Nome e apelidos do autor. o Dirección, teléfono e correo electrónico. o Título do cadro, data de execución e técnica. o Fotocopia do DNI (por ambas caras) ou documento acreditativo. • As obras presentadas serán selecionadas por un xurado, pasarán á fase final do concurso e serán expostas. Farase entrega dun diploma acreditativo a tódolos seleccionados para a fase final. Exporanse un máximo de 40 obras, podendo ser ampliado o número polo xurado. • As obras serán depositadas no local da A. VV. Ceibe de S. Xiao de Narón( A Igrexa s/n, 15578, S. Xiao – Narón.) dende o día 3/06/2013 ata o día 7/06/2013 en horario de 19:00 a 21:00h. • A exposición das obras finalistas será dende o día 07/06/2013 ao día 09/06/2013 en horario de 17:00 a 21:00 h. todos os días; e ademais de 12:00 a 14:00h. sábados e domingos. • A entrega de premios terá lugar o día 09/06/2013 ás 20:00 h no local da AVV Ceibe de S. Xiao. • A retirada das obras farase o día da entrega de premios, una vez clausurado o Concurso. • A AVV Ceibe poñerá o máximo interese no coidado das obras,non obstante non se responsabiliza dos danos ou roubo das mesmas. • O Xurado estará composto por un/unha membro da directiva da A.VV: Ceibe, un representante municipal, una ou varias persoas vinculadas co mundo pintura e actuando como secretario o da AVV Ceibe. A composición do xurado darase a coñecer ó comezo da fase de selección. • O dictame do xurado será inapelabel. PREMIOS • A obra gañadora do primeiro premio pasará a propiedade do Padroado da Cultura do Concello de Narón. • O/A autor/a que resulte gañador/a do primeiro premio, terá dereito a una exposición de 15 días da súa obra no Pazo da Cultura, as condicións e datas serán fixadas polo Padroado da Cultura. • Os concursantes, polo feito de concursar aceptan as bases do concurso. • Calquera incidencia non prevista nestas bases será resolta polo xurado. CATEGORÍAS Infantil /Xuvenil Detalle Participativo Adultos: Primeiro Premio: 500 Euros Segundo Premio: 300 Euros. Terceiro Premio: 200 Euros. Premio Especial Francisco Criado (Incompatible con outros premios) 100 Euros.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal