Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PECHARÁ O DÍA 12 DE XUÑO EN APOIO Á FOLGA COMARCAL
Unicamente haberá servizos mínimos no Rexistro e na Caixa, Conserxería e Protección Civil.
Narón, 6 de Xuño de 2013.- O goberno municipal de Narón (formado polos grupos políticos de Terra Galega, PSdeG-PSOE, BNG e Converxencia Galega) ven de manifestar o seu apoio á convocatoria de Folga Xeral Comarcal prevista para o día 12 de xuño en Ferrolterra, e facer un chamamento público á cidadanía para a súa participación na mesma. O edificio da Casa Consistorial permanecerá pechado nesa xornada, agás os servizos mínimos (Rexistro, Caixa, Conserxerías, e Protección Civil). O resto dos servizos públicos non abrirán nesta data, en sinal de solidariedade e respaldo coas reivindicacións desta folga. A través desta convocatoria de folga, o Concello de Narón esíxelle aos gobernos do Estado e da Xunta que concreten as medidas e os prazos para abordar iniciativas na defensa do emprego e dos sectores produtivos desta bisbarra. Asimesmo, dende o Concello de Narón faise un chamamento á cidadanía da comarca a conformar un movemento amplo de presión e negociación para concretar os compromisos dos diversos gobernos con esta comarca.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal