Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O MUNICIPIO DE NARÓN DISPÓN DE 79 XARDÍNS INVENTARIADOS, QUE OCUPAN UNHA SUPERFICIE TOTAL CERCANA ÓS 280.000 M2
O Concello ven de adxudicar o mantemento das zonas verdes de Narón por un prazo de dous anos á empresa Jardinería Arce.
Narón, 8 de Xuño de 2013.- O Goberno Municipal de Narón ven de adxudicar a Jardinería Arce S.L. o contrato do servizo de “Conservación e mantemento de zonas verdes”. A Xunta Local de Goberno ratificou a proposta dos técnicos e da Mesa de Contratación, que sinalaron a proposta de Jardinería Arce S.L. como a máis valorada das 13 que se presentaron á licitación pública. O novo contrato ten unha duración de 2 anos –de xuño de 2013 a xuño de 2015- prorrogables 2 anos máis. En virtude do mesmo, o Concello abonará unha cuota anual de 466.367,89 € (IVE excluído) segundo confirmou o Alcalde, José Manuel Blanco. Os técnicos municipais valoraron positivamente o proxecto presentado por Jardinería Arce , ó ser o que máis se axusta ás necesidades reais do municipio. A empresa xardinería realizará unha notable inversión en mantemento e mellora das zonas verdes. Tamén prevé revalorizar a estética das zonas xa creadas, e as oportunidades de ocio e uso destos espazos. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, destacou o “gran impulso paisaxístico que tense dado nos últimos anos a este tipo de espazos, o que non só permitíu aumentar e mellorar a superficie destinada a xardíns e zonas verdes, senón que tamén tense implantado un sistema de xestión destes espazos”. Unha proba disto é que Narón ten tódolos xardíns municipais inventariados e codificados, o que facilita a labor de planificación, localización e xestión dos mesmos. A piques de acadar os 40.000 habitantes, Narón tense convertido nun concello próspero, xerando servizos e benestar para os seus veciños/as, que contarán con 278.574 m2 de espazos verdes. O contrato de xardinería contabiliza 79 xardíns de distinta tipoloxía, dos que 43.873 m2 son de superficie de parques e xardíns urbanos, coma o Parque Fluvial do Río Freixeiro,a Praza de Galicia ou a Praza Irmáns Freire –entre outras- mentres que os 234.701 m2 restantes corresponden a zonas verdes de ribeira, áreas recreativas e locais sociais municipais. Tanto na extensión dos seus parques e xardíns coma na calidade dos mesmos, Narón atópase cerca de acadar as recomendacións dictadas pola Organización Mundial da Saúde (OMS) que aconsella a habilitación de entre 10 e 15 m2 de zona verde por persoa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal