Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
XUVIÑO 2013 CONTARÁ CON 15 STANDS NOS QUE SE OFRECERÁN ATA 70 MARCAS DE VIÑOS DE DIFERENTES DENOMINACIÓNS DE ORIXE
Se celebra os días 14, 15 e 16 de xuño no Paseo Marítimo de Xuvia. Haberá degustacións gratuitas de produtos típicos coma o Pemento do Couto ou a empanada de Neda.
Narón, 11 de Xuño de 2013.- A Concelleira de Feiras e Mercados de Narón, Mª del Mar Gómez, e a Concelleira de Turismo de Neda, Montserrat Rico, presentaron hoxe en rolda de prensa a 4ª edición do Encontro de Viños Narón-Neda ‘Xuviño 2013’. Este evento se celebrará os días 14, 15 e 16 de xuño a ambos lados do paseo marítimo de Xuvia. Nesta nova edición de Xuviño, está confirmada a presenza de 70 bodegas, que se repartirán en 15 stands e ofrecerán viños das seguintes denominacións de orixe: Ribeiro, Alvariño, Ribera del Duero, Rioja, Mencía, Ribera Sacra e Cigales –esta última acaba de ser recoñecida-. Tamén servirase Manzanilla. Ó igual que o ano pasado, o prezo dos tickets será de 1,50€ e poderán comprarse individualmente ou en talonario. Os caldos máis comúns costarán un ticket, e os reservas dous. Ademáis, haberá degustacións gratuitas de produtos de Narón (pemento do Couto) e Neda (empanada de Neda), e doutros pratos coma a paella ou o lacón asado. A Concelleira de Feiras e Mercados de Narón comentou que Xuviño “é un encontro para comunicarnos os veciños de Narón, Neda e resto da comarca, e queremos superar a cifra de 20.000 visitantes que rexistramos o ano pasado” indicou Mª del Mar Gómez. Pola súa banda, a Concelleira de Turismo de Neda explicou que ambos municipios queren “consolidar xa este evento no calendario de feiras da comarca, e que sirve tamén para promocionar o turismo e respaldar ó sector hosteleiro nestes momentos de tanta dificultade económica” declarou Montserrat Rico. O orzamento para a celebración desta Feira de Viños é de 11.000 €, aportados a partes iguais entre ambos municipios. Esta cifra é inferior á do ano pasado, posto que o orzamento do 2012 estivo en 15.000€. Aínda así, mantéñense as degustacións gratuitas e un calendario de actividades complementarias, coma actuacións musicais en ambos lados do paseo (Narón e Neda), unha exposición de autos clásicos, postos de artesanía e de gastronomía, e atraccións infantís. Programa de Xuviño 2013 Venres 14 de xuño: 19:00 horas: inauguración da feira a cargo dos Alcaldes de Narón e de Neda. *Degustación de liscos de balde. Sábado 15 de xuño: Horario de mañá de 12:30 a 15:30 horas *Ás 13:00 horas degustación de balde de paella. Horario de tarde a partir das 15:30 horas *Degustación de balde de lacón asado e pementos do Couto. Domingo 16 de xuño Horario de mañá de 12:30 a 15:30 horas *A partir das 13:00 horas degustación de balde de empanadas de Neda e churrasco. Horario de tarde a partir das 17:30 horas *Degustación de balde de churrascos e liscos.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es