Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O II ENCONTRO MUNICIPAL INTERXENERACIONAL CONGREGOU A UN MILLEIRO DE PERSOAS
Celebrouse o sábado 29 de xuño, no entorno da Feira do Trece (Sedes).
Narón, 3 de Xullo de 2013.- O Encontro Municipal Interxeneracional, que celebrouse na Feira do Trece (Sedes) congregou a un milleiro de persoas o pasado sábado 29 de xuño. Co obxectivo de favorecer a convivencia comunitaria e o envellecemento activo, celebrouse este encontro de persoas maiores e as súas familias. Esta xornada incluíu unha exposición de traballos e experiencias persoais e colectivas de diversas actividades: activación saudable, demostracións con actuacións artístico-expresivas, baile, xogos e actos protocolarios. O programa de actividades foi o seguinte: 10:30 horas: Presentación 11:00 horas: Ximnasia 11:15 horas: Pilates 11:30 horas: Ioga 11:45 horas: Cancións 12:00 horas: Musicoterapia 12:15 horas: Cantareiras do Fogar de Maiores de O Val 12:30 horas: Bailes de Salón 12:45 horas: Cantar e divertirse xunt@s 13:00 horas: Danza oriental 13:15 horas: Coral municipal 13:30 horas: Agradecementos 14:00 horas: Xantar 16:00 horas: Entrega de diplomas 16:30 horas: Baile 18:00 horas: Sorteo de agasallos 19:00 horas: Regreso Durante toda a xornada houbo tamén xogos inchables infantís, exposicións solidarias e demostracións en vivo de artesanía.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal