Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS PERMISOS PARA AS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN PODEN SOLICITARSE NO CONCELLO ATA O VENRES 21 DE XUÑO
Os interesados deberán cubrir unha solicitude que se entrega no Rexistro Xeral do Concello.
Narón, 14 de Xuño de 2013.- O Concello de Narón ven de abrir o prazo para solicitar permisos para a fogueira de San Xoan. Os interesados deberán cubrir unha instancia que se entrega no Rexistro Municipal, e terán de prazo ata o día 21 de xuño. O Concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, lembrou a obligatoriedade de solicitar permisos para as fogueiras na noite do 23 de xuño, posto que esta práctica está regulada dentro do Plan de Emerxencias Municipal (PEMU) no apartado correspondente ó Plan de Defensa Contraincendios. Os responsables de realizar fogueiras na noite de San Xoan deberán observar certas medidas de precaución, coma as seguintes: -A fogueira deberá estar a unha distancia mínima de 50 metros de vivendas, vehículos, instalacións, tendidos eléctricos ou telefónicos e zonas vexetais susceptibles de ser queimadas. -A súa dimensión non superará os 5 metros de altura e os 3 metros de diámetro. -Non se queimarán residuos perigosos ou tóxicos tipo: neumáticos, aceites, plásticos, envases baleiros de aerosoles, etc… -Disporase no lugar dun sistema de extinción de incendios axeitado á proporción da fogueira, e ésta permanecerá vixiada ata a súa total extinción, que deberá ser asegurada empapando os restos totalmente de auga. -No caso de que se levante vento que poida dificultar a vixianza e extinción da fogueira, ésta deberá suspenderse ou apagarse de inmediato.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal