Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE PREMIOS DO V CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL ORGANIZADO POLA EMPRESA MIXTA DE AUGAS COSMA
Baixo o lema "O futuro da auga pinta ben porque o pintas ti", contou cunha participación cercana ós 200 escolares de Primaria dos colexios de Narón.
Narón, 25 de Xuño de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, acompañado polo xerente da empresa mixta de augas Cosma, Jose Manuel Marcote, e o Concelleiro de Servizos, Pablo Mauriz, entregaron hoxe os premios da V Edición do Concurso de Debuxo Infantil que se promoveu con motivo do Día Mundial del Auga, o 22 de marzo. Baixo o lema “O futuro da auga pinta ben porque o pintas ti”, este certame contou cunha importante participación, posto que case 200 nenos/as presentaron os seus debuxos. Participaron os escolares de 3º ,4º, 5º e 6º de Educación Primaria de colexios de Narón. A relación de premiados foi a seguinte: Gañadores (recibiron unha tablet) -Luis Bello (CEIP A Gándara) -Judah Rentería (Colexio Jorge Juan) Finalistas (un xogo do Ecosistema, para analizar a calidade da auga, cultivar plantas, experimentar co ciclo natural da auga, xerar choiva, etc…) -Noelia Pemabad (CPR Ayala) -Leila Vegas (Colexip Jorge Juan) -Mario Novo (Colexio Jorge Juan) -Marcos Naveira (CEIP Ponte de Xuvia) Esta foi a quinta edición do Concurso de Debuxo Infantil de Cosma rexistrándose cada ano maior participación tanto dos colexios como dos nenos participantes. O certame foi un ano mais todo un éxito, non so pola gran participación, senón pola labor de concienciación conseguida nos nenos artistas que plasmaron con gran creatividade que o futuro da auga pasa porque desde xa se faga un uso intelixente, eficaz e racional deste valioso recurso. Este ano o certame incidiu especialmente no desenrolo e aplicación de novas tecnoloxías, algunhas dispoñibles nestes momentos, que sirvan para alcanzar un uso mais eficiente no consumo da auga nos fogares e cidades e respetuoso co Medio Ambiente. Tamén insistiuse no esforzo que dedican xestores como Cosma na posta en marcha de técnicas e innovacións que contribúan a facer mais fácil a vida aos cidadáns. Jose Manuel Marcote, xerente de Cosma sinalou que “estamos desenrolando novas tecnoloxías ao servizo dos cidadáns baseadas na innovación e no uso de tecnoloxías da información para contribuír á creación de servizos intelixentes, xa que o ciclo integral da auga ten unha crecente importancia para as cidades modernas e os seus habitantes”. “Gustaríanos que un ano mais, o concurso de debuxo servira para facer chegar estes mensaxes aos mais novos, que son o futuro”, engadíu Jose Manuel Marcote. “Desta maneira, non só coñecerán mellor a auga e o seu ciclo integral, senón tamén aprenderán a valorar mais o traballo que supón levala aos fogares con totais garantías, con calidade e cantidade e ademais utilizando tecnoloxías que fan a vida más fácil y axudan a consumila de forma mais responsable”. Na mesma liña expresouse o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ó destacar o gran esforzo feito polo Concello no ano 2003, cando se creou a empresa mixta de augas Cosma. Un esforzo que non foi en balde, dado que nestes dez anos de vida Narón deixou de mercar 1 millón de metros cúbicos de auga a Ferrol, grazas á mellora da xestión da auga feita por esta empresa, a través da aplicación das novas tecnoloxías e ó control das fugas de auga, entre outras medidas. “Este aforro no consumo representa máis dun millón de euros ó ano que deixamos de invertir na compra de auga a Ferrol, e ademáis nesta década tamén fumos capaces de aumentar o número de abonados, chegando na actualidade a 17.600 clientes” sinalou o Alcalde de Narón. Non obstante, José Manuel Blanco insistíu na necesidade de continuar facendo un consumo responsable da auga, especialmente a partires da entrada en servizo da EDAR, que será cando se note unha suba do recibo debido ós costes da depuración.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal