Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONTRATA UNHA CUADRILLA PARA A LIMPEZA DAS PRAIAS DO MUNICIPIO
Cinco peóns conformarán a cuadrilla organizada polo Concello naronés para a limpeza de praias na temporada estival. Os traballadores, inscritos nas listas de desempregados do INEM, serán contratados por xornada completa ata o día 30 de setembro de 2007.
Aínda que Narón non é un Concello especialmente coñecido pola súa costa, non debemos esquecer que conta con tres fermosas e bravas praias, afastadas por abruptos cantís que dificultan a baixada e o acceso a elas. Son os areais do Casal, Hortiña e Lopesa. Este último atópase xunto á Pena Lopesa, coa que se funde nun lexendario illote. En total, algo máis dun quilómetro de praias aínda por descubrir. Precisamente o Concello (que conta cunha subvención da Excmª Deputación Provincial de A Coruña de 10.000 euros) ven de contratar unha cuadrilla que se encargará do mantenemento e limpeza destes arenais, grandes descoñecidos para a meirande parte dos veciños e visitantes de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal