Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ADXUDICA AS OBRAS DE AMPLIACIÓN DA RÚA PÉREZ LUGÍN, EN A GÁNDARA, QUE DARÁN COMEZO NO MES DE AGOSTO
Os traballos contan cun prazo de execución de 3 meses e un orzamento de 38.720 euros.
Narón, 23 de Xullo de 2013.- O Concello de Narón ven de adxudicar á empresa Obras y Viales de Galicia S.L. as obras de urbanización do tramo de saída da rúa Pérez Lugín, en A Gándara. O orzamento base de licitación foi de 50.999,80 €, e a obra foi finalmente adxudicada por 38.720 €, que se financiarán con cargo a fondos municipais. O Concelleiro de Obras Públicas de Narón, Angel Castro, explicou que os traballos darán comezo no mes de agosto, e que contan cun prazo de execución de 3 meses. As obras consistirán na execución dun tramo de rúa de 40 metros de lonxitude, que dará saída a esta rúa, para completar a urbanización deste ámbito, ata o de agora limitado. A rúa Pérez Lugín comunica coa rúa Pinto Sixto Borras, ambas no barrio de A Gándara. O Concello xa ten superado o trámite da expropiación de terreos, e agora deberá proceder ó seu derribo. Está previsto que se levante o pavimento existente e se leve a cabo a acometida de novas instalacións, continuando así coas redes xa existentes (saneamento, alumeado, telecomunicacións, rede eléctrica e gas). Posteriormente, se realizará o pavimentado da calzada e se continuará a beirarrúa esquerda, ó mesmo tempo que se ampliará a dereita.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal