Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APROBADOS OS PADRÓNS DE CONTIBUÍNTES POR AUGA, SANEAMENTO, CANON DE SANEAMENTO, ALUGUER DE CONTADOR E LIXO
O Concello prevé ingresar nos vindeiros meses cerca dun millón de euros correspondentes a eses conceptos xerados no 2º trimestre do ano.
O Boletín Oficial da provincia nº 175 do 31 de xullo pasado recolle a aprobación do padrón de contribuíntes por auga, saneamento, canon de saneamento, aluguer de contador e lixo, correspondente ao 2º trimestre do ano 2007, cos seguintes importes: AUGA 288.754,84 euros SANEAMENTO 142.653,25 euros CANON SANEAMENTO 108.340,27 euros ALUGUER DE CONTADOR   4.050,70 euros IVE  30.888,96 euros LIXO 389.335,52 euros TOTAL 964.023,54 euros Tal e como se prevé no propio acordo e en virtude do disposto no artigo 79.5 da ordenanza fiscal xeral de xestión, recadación e inspección, o padrón resulta exposto o público durante un prazo de quince días, que se contarán a partir do día seguinte da publicación deste anuncio no BOP. O anuncio de publicación ten os efectos de notificación colectiva, ao abeiro do artigo 124 da Lei Xeral Tributaria. Durante dito prazo os interesados poderán examinar o padrón e facer efectivo o correspondente ingreso. O prazo en período voluntario será nos meses de agosto e setembro de 2007. Transcorrido o prazo indicado, iniciarase o período executivo, que determina o devengo do recargo de apremio e dos intereses de demora, dacordo co previsto na Lei Xeral Tributaria.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal