Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CARPA INFORMATIVA 'XPLORA XUVENTUDE' CHEGA Ó APARCADOIRO DO IES TERRA DE TRASANCOS
Trátase dunha campaña solicitada pola Concellería de Mocidade á Xunta de Galicia.
Narón, 17 de Setembro de 2013.- O aparcadoiro do IES Terra de Trasancos acollerá, o vindeiro xoves 19 de setembro en horario de 10:00 a 13:00 horas, a carpa informativa “XPlora Xuventude”. A instalación desta carpa foi solicitada pola Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida, á Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, de que depende esta campaña. A través desta iniciativa, téntase chegar a pé de rúa os distintos programas e recursos destinados á mocidade. Na instalación ofertaranse contidos de interese, e asesoramento de técnicos especializados, que forman parte da Rede Galega de Dinamización Xuvenil. A carpa tamén servirá como espazo para que grupos de mozos/as, así coma entidades xuvenís, poidan amosar as súas actividades e propostas, a modo dun escaparate do talento xuvenil. Esta iniciativa percorrerá un total de 40 concellos galegos co obxectivo de difundir os distintos recursos dirixidos á xuventude.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal