Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
TRES EMPRESAS CONCURREN Á XESTIÓN DA NOVA ESCOLA INFANTIL DA GÁNDARA
Unha vez rematado o prazo de admisión de ofertas o pasado día tres de agosto, tres foron as entidades que presentaron as plicas correspondentes co fin de optar á xestión da nova escola infantil municipal cuxa apertura se prevé facer coincidir co vindeiro curso escolar.
O boletín oficial da provincia nº 162 do 14 de xullo abría un prazo de vinte días para que as empresas interesadas presentaran as súas ofertas e proxectos de xestión da nova gardería que se está a executar no barrio da Gándara desta localidade de Narón. Trátase da terceira escola infantil municipal que entrará en funcionamento no concello naronés no mes de setembro - unha vez obtida a preceptiva autorizaicón autonómica para a súa apertura- acompañando así ás dos barrios da Solaina e Piñeiros. Con estas instalacións o concello pretende dar unha axeitada resposta ás demandas e inquietudes veciñais facilitando a conciliación da vida familiar coa laboral. Nos próximos días aperturaranse as ofertas técnicas e económicas remitíndose aos servizos técnicos e xurídicos municipais co fin de proceder á adxudicación do servizo á maior brevidade que resulte posible.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal