Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PARROQUIA DE SAN XIAO CELEBRA O I ENCONTRO-DEGUSTACIÓN DO PINCHO SOLIDARIO E UNHA FESTA INFANTIL A BENEFICIO DO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS
Se celebra o sábado 5 de outubro no Local Social Municipal de San Xiao.
Narón, 3 de Outubro de 2013.- A Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García, presentou hoxe en rolda de prensa o Encontro-degustación do Pincho Solidario e a Festa Infantil, organizados polo Concello de Narón e a Asociación de Veciños “Ceibe” de San Xiao. A presidenta desta entidade, Mª del Mar Leiras, e a tesorera, Mónica Rivera, participaron tamén na presentación. O evento terá como obxectivo recadar alimentos, cartos, roupa e todo tipo de enseres (xoguetes, material escolar, etc…) para o Centro de Recursos Solidarios, que xestionan Cáritas e Dignidad e que atende a usuarios de Narón e comarca. Precisamente por este feito, a Concelleira de Acción Social fixo un chamamento público á participación, posto que o recadado será destinado a axuda social de persoas deste e doutros municipios. Este encontro celebrarase o sábado 5 de outubro, no local social de San Xiao. O programa do Encontro-degustación do Pincho Solidario é o seguinte: -De 12:00 a 14:30 horas: Degustación de pinchos solidarios ata rematar existencias. Prezo: 1 euro/unidade. Os pinchos serán elaborados polos membros da AVV de San Xiao, e tamén se aceptarán donativos gastronómicos para degustar nesa xornada. -Actuacións musicais: (para entrar a ver os concertos, haberá que facer un donativo de 1 kilo de alimentos) 12:00 horas: Cantareiras de Sedes. 12:30 horas: Solista con música: Lázaro. 13:30 horas: Solista con música: Judith. -16:30 horas: Festa infantil con música, inchables, xogos monitorizados, globoflexia…. -19:30 horas: Lectura das persoas e entidades donantes. Contabilización en directo de donativos en metálico, alimentos, roupa e resto de artigos recadados. Durante toda a xornada, haberá unha “urna solidaria” instalada no local social municipal de San Xiao, na que as persoas asistentes podan facer a súa aportación solidaria. Tamén sortearanse agasallos doados polos comerciantes de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal