Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES OFERTADAS POLO CONCELLO PARA OS CENTROS DE ENSINO PÚBLICOS DE NARÓN
O programa Promedex 4 inclúe obradoiros de Linguas, Novas Tecnoloxías, Predeporte, Escola de Familia, Música e Voz, e Graffitis.
Narón, 16 de Outubro de 2013.- A Concelleira de Educación de Narón, Mª del Carmen Espada, presentou hoxe á comunidade educativa escolar dos centros de educación públicos de Narón, o Programa Municipal Educativo Extraescolar “Promedex 4”. Nesta xuntanza participaron directores e personal dos centros públicos de ensino, e representantes das ANPAS. O programa Promedex 4 foi elaborado polo Servizo Sociocomunitario Municipal, e oferta obradoiros educativos de reforzo de diferentes áreas: idiomas, números e letras, novas tecnoloxías, igualdade, música, habilidades sociais e artes gráficas. Estas actividades diríxense ó alumnado do CEIP A Solaina, CEIP Ponte de Xuvia, CRA, CEIP A Gándara, CEIP Piñeiros, CEIP Virxe do Mar, CPI O Feal, IES Telleiras, e IES Terra de Trasancos, así como ás familias. Desenvolveranse de outubro de 2013 a maio de 2014, nos centros escolares públicos de Narón e na Casa da Mocidade (dependendo da actividade elexida). En tódolos casos, o grupo máximo de alumnos/as será de 15 persoas (agás a actividade de Reforzatic e Xogos de linguas) e o horario das clases será de 16:00 a 20:00 horas. A relación de actividades ofertadas dende o Concello de Narón para o curso académico 2013/2014 é a seguinte: -Xogos de linguas (8,01€/mes) -Reforzatic -reforzo educativo a través das novas tecnoloxías- (de balde) -Activaxove (8,01€/mes) -Escolas de familia (8,01€/mes) -Obradoiro de graffiti (8,01€/mes) -Obradoiro de voces e música (8,01€/mes) Os obxectivos deste programa Promedex 4 son dous: favorecer o desenvolvemento de actividades que proporcionen unha información integral ó alumno, e procurar que o alumnado acade unha optimización dos tempos extraescolares para a adquisición das competencias básicas que esixe a sociedade actual, ao tempo que se promove o esforzo compartido de toda a comunidade educativa caro ó fomento do éxito escolar e a redución do abandono temperán dos estudos. A duración destas actividades será de unha 1 por sesión dous días á semana, agás a Escola de Nais e pais que poderá ter dúas horas de duración por sesión e concentrarase en 1 día á semana, e os obradoiros de voces e música e graffiti, que terán unha duración de 3 horas á semana. O perfil dos profesionais que impartirán as actividades é diverso: diplomados/as en Educación Social, Pedagogos/as, Psicopedagogos/as, mestres/as en Educación Infantil, Filólogos/as, mestres/as en Educación Física, monitores/as de xogos popuplares, técnicos/as en animacións sociocultural, en actividades físicas e deportivas, etc…

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal