Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN ASPANAES ASINAN UN CONVENIO PARA ATENDER A PERSOAS CON TRASTORNO DE ESPECTRO AUTISTA
O acordo contempla unha achega de 12.000 euros por parte do Concello para levar a cabo un programa de actuacións para as persoas afectadas.
Narón, 22 de Outubro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a presidenta de “Aspanaes” (Asociación de Pais de persoas con Trastorno de Espectro Autista (T.E.A.) da provincia de A Coruña), María José Álvarez Folgar, asinaron un convenio de colaboración en materia de promoción social, cunha vixencia anual (correspondente ó ano 2013). Na sinatura do acordo tamén participou a Concelleira de Promoción Social de Narón, Teresa Sabio. En virtude deste convenio, o Concello de Narón realizará unha achega de 12.000 €, e aportará o asesoramento técnico do Servizo Sociocomunitario Municipal en todo o relacionado co contido do convenio e dos programas a desenvolver. Pola súa banda, “Aspanaes” levará a cabo un programa de actuacións en materia de Promoción Social, no termo municipal naronés. En concreto, “Aspanaes” prestará ó Concello de Narón os seguintes servizos: -A atención nos Centros Residenciais e de día que a Asociación xestiona, aos veciños deste Concello con problemas de Autismo e outros Trastornos Xeneralizados do Desenvolvemento, que sexan derivados dende o Servizo Sociocomunitario. -Información e asesoramento ás familias das persoas afectadas. -Colaboración e cooperación técnica co Servizo Sociocomunitario Municipal en accións e programas de formación, asistencia ou reintegración social.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es