As obras represéntanse os domingos ás 18:00 horas, a partires do 3 de novembro.
Narón, 29 de Outubro de 2013.- O Padroado de Cultura do Concello de Narón ven de programar un ciclo de Teatro Infantil, que se desenvolverá entre o Pazo da Cultura e o Auditorio Municipal da Praza de Galicia a partires deste domingo.
En total, representaranse cinco pezas teatrais dirixidas a nenos/as e a público familiar, os domingos ás 18:00 horas. O prezo das entradas variará dependendo dos espectáculos, oscilando entre os 5 para nenos/as e os 9 para adultos (máximo).
A programación de teatro infantil é a seguinte:
Domingo 3 de novembro
Lugar: Pazo da Cultura
Compañía: Ron Lalá
Espectáculo: Esos locos barrocos
Xénero: Humor, música e teatro
Público: Maiores de 12 anos
Duración: 1 hora
Prezo: 9 adultos / 6,30 abonados / 5 carne xove ou estudante ata 25 anos
Domingo 10 de novembro
Lugar: Auditorio Municipal
Compañía: Eme2 Emoción&Arte
Espectáculo: O príncipe e o parrulo
Xénero: Teatro Infantil
Público: Infantil (a partir de 3 anos)
Duración: 1 hora
Prezo: 7 adultos / 5 infantil
Domingo 24 de novembro
Lugar: Pazo da Cultura
Hora: 18:00
Compañía: Gorakada
Espectáculo: La vuelta al mundo
Público: Infantil (a partires de 6 anos)
Duración: 1 hora
Prezo: 9 adultos / 6,30 abonados / 5 carne xove ou estudante ata 25 anos
Domingo 15 de decembro
Lugar: Auditorio Municipal
Hora: 18:00
Compañía: Teatro do Noroeste
Espectáculo: Touporroutou da lúa e do sol
Público: Infantil
Prezo: 7 adultos / 5 infantil
Domingo 29 de decembro
Lugar: Auditorio Municipal
Hora: 18:00
Compañía: Ghazafelhos
Espectáculo: 3, 2, 1 (Estrea)
Público: Infantil (a partires de 5 anos)
Duración: 50 minutos
Prezo: 7 adultos / 5 infantil