Repartiranse exemplares nos colexios, institutos e edificios municipais da cidade.
Narón, 6 de Novembro de 2013.- A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de editar o número 9 da revista da mocidade de Narón Dameuntoke. Esta publicación, de carácter cuatrimestral, distribuirase dende hoxe entre os colexios, institutos e edificios públicos de Narón.
En total, está previsto o reparto de 893 exemplares desta publicación, nos seguintes lugares:
-Colexio Santiago Apostol (3º e 4º de ESO).
-Colexio Ayala (3º e 4º de ESO).
-Colexio O Feal (3º e 4º de ESO).
-Colexio Jorge Juan (3º e 4º de ESO).
-IES Terra de Trasancos (3º e 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos de FP).
-IES As Telleiras (3º e 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos de FP).
-Biblioteca Municipal de O Alto.
-Casa da Mocidade.
-Pazo da Cultura.
CONTIDOS:
O número 9 da revista Dameuntoke inclúe unha entrevista coa naronesa Lidia Mesías (a máxima goleadora de 1ª División do Fútbol Sala Feminino) na que fala sobre a súa vida como deportista profesional.
Outra das protagonistas desta publicación é Ana Queipo, unha rapaza de Narón que estudia no IES Terra de Trasancos e que ten moitas inquedanzas intelectuais: escribe poesía, guións de curtametraxes, fai teatro, monólogos
.
No apartado adicado ás novas tecnoloxías inclúese unha reportaxe sobre como buscar emprego a través da rede social Lindekin, e os diferentes usos que pódense dar a esta ferramenta tecnolóxica.
En Dameuntoke tamén se recolle un especial sobre a Biblioteca Municipal do Alto, no que ademáis das habituais recomendacións, pódense descubrir as listas de éxitos deste verán pasado e as últimas incorporacións: os audiolibros.
Outro dos temas desta publicación versa sobre as Oficinas de Atención ó Consumidor, e cómo facer valer os nosos dereitos a través destos servizos.
Tamén se ofrecen consellos de saúde para aquelas persoas que estén pensando en facer un tatuaxe ou un piercing no seu corpo.